domingo, 5 de marzo de 2017

avisos de última hora



VIAXE A TOULOUSE- CIDADE DO ESPACIO IES XUNQUEIRA1

AVISOS DE ÚLTIMA HORA. Luns 6 de marzo.

TELÉFONO e WhatsApp INSTITUTO DURANTE A VIAXE 
                                         616 952340


                                          SAÍDA DO INSTITUTO AS 6:30. 

-      É imprescindible levar e ter a man o DNI e a Tarxeta Europea (OS Certificados OS TEN O PROFESOR) de asistencia sanitaria.

-      A autorización familiar quedará no instituto e o Informe policial levarano os profesores.

-      Intenten manter abertos durante a viaxe as canles habituais de comunicación co instituto (teléfonos), por si hai que localizalos por algunha incidencia.

-      Se tes que levar algún medicamento, sempre con autorización, acompáñao da súa caixa, do prospecto e mellor aínda da receita médica.

-      Avisa os profesores de intolerancias, alerxias, fobias, propensión ó mareo....

-      O espacio no autobús é limitado. Levaremos 1 maleta por persoa e unha pequena bolsa ou mochila. Lembra que disporemos de toallas no Hotel.

-      A comida do 1º día hay que levala, comeremos nun área de descanso. A cea non está encargada e aínda que vaiamos a un área comercial sería bo ter algo previsto para media tarde.

-      Consideramos que 60 Euros por alumno son suficientes para pagar os gastos en Francia.



-      O autobús dispón de WIFI durante o traxecto por España (2/3 do percorrido). E haberá tamén no hotel. Sempre estará aberto o whatsApp do instituto e poderá usalo o alumnado, polo que non é imprescindible que cada alumno teña un teléfono. Xa informaremos das mellores horas para chamar.



*** HORA DE SAÍDA DEFINITIVA AS 6:30 HORAS DO XOVES 9 DE MARZO DENDE A ENTRADA DO INSTITUTO XUNQUEIRA 1 EN PONTEVEDRA. (Haberá que estar polo menos 15 minutos antes).

+++ Finalmente a visita a La Cité de L´Espace será o sábado día 11.  Como a saída do recinto é as 17:00 aínda poderemos ver Toulouse antes de ir ó hotel. O venres visitaremos Carcasonne e Toulouse.


                                          Os profesores. Luns 6 de marzo 2017.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Hola escribe aquí o teu comentario