viernes, 17 de febrero de 2017

NOTA INFORMATIVA (Último pago e Reunión familias) PARA A ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA DE 2º ESO:
Viaxe A TOULOUSE.

Nota informativa:

·          Todavía non se recolleron todas as rifas Rifas Gratuitas de Sorteo dunha estancia  de fin de semana e visita a Cabárceno donadas pola Axencia de Viaxes Deza. Cada alumno debe recoller as súas ou cederllas a outro para que as venda, (se lle entregarán ós pais o día da reunión).
·          Pago do 4º Prazo: semana 13-17 de febreiro. 75 €. (Para facer o total de 255).
·          Este martes día 14 fixemos o último pedido de Rosquillas e Postres. Pensamos que que os alumnos que participaron obtiveron bos resultados. A empresa encargada do reparto facilitou moitísimo o traballo e dende aquí debo agradecer ós profesores, o personal da conserxería do instituto e os administrativos a súa colaboración.
·        É importante que vos lembredes de solicitar estos documentos familiares obrigatorios (Entregar na Secretaría do centro o una reunión):

1 - Autorización para saída de menores ó extranxeiro do Ministerio de Interior. Ten que ir o pai ou a nai á Xefatura de Policía en Pontevedra cos DNI propio e do alumno e o libro de familia. Non é preciso cita e se resolve no momento.
2 - Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) ou mais sinxelo o Certificado Provisional Sustitutorio (CPS). Se algún pai/nai é funcionario deberá xestionalo en MUFACE (tarxeta europea ou certificado).
3 – Autorización do responsable do alumno para que éste participe na actividade. Estará a vosa disposición o día da reunión (Martes 21) e na Secretaría do centro.
4 – Informes médicos daqueles alumnos que os precisen.


REUNIÓN COAS FAMILIAS dos alumnos participantes na viaxe a Toulouse dos días 9 a 12 de marzo de 2017.

Data: MARTES 21 DE FEBREIRO
Lugar : Biblioteca IES Xunqueira1
Hora: Recollida de documentación 19:00-19:30. Reunión 19:45 h


Agradecendo a súa atención. 

Javier Villaverde Vayá.             Venres, 20 de febreiro de 2017.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Hola escribe aquí o teu comentario