NOTA INFORMATIVA (recollida de
RIFAS) PARA A ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA DE 2º ESO:
Viaxe A TOULOUSE.
Nota informativa:
- Están a disposición dos alumnos na Secretaría do Instituto as Rifas Gratuitas de Sorteo dunha estancia de fin de semana e visita a Cabárceno
donadas pola Axencia de Viaxes Deza. Son 50 rifas por alumno a 2€ cada
unha, precio de venta. Unha vez que as recollan, son deles e a recadación
íntegra é para o alumno. A venda de rifas non é obrigatoria, ós
alumnos que collan un talonario deberán traer unha nota asinada polos pais
para control do destino dos cartos.
- Hai un alumno que avisou que non pode
acompañarnos na viaxe por motivos familiares, polo que neste momento hai
un total de 50 alumnos anotados. Non afecta ó precio xeral de 255€/alumno.
- Xa podemos dar referencias do Hotel en
Toulousse:
Hôtel Première Classe Toulouse Nord – Sesquières, Dirección: 1 Rue du Pôle, 31200 Toulouse, Francia. Teléfono:+33
5 61 13 10 27.
Poden velo en http://www.premiereclasse.com/es/hotels/premiere-classe-toulouse-nord-sesquieres.
- É importante comezar as xestións de documentos familiares
obrigatorios ( Entregar na Secretaría do centro):
1 - Autorización
para saída de menores ó extranxeiro do Ministerio de Interior. Ten que ir o
pai ou a nai á Xefatura de Policía en Pontevedra cos DNI propio e do alumno e o
libro de familia. Non é preciso cita e se resolve no momento.
2 - Tarxeta
Sanitaria Europea (TSE) ou mais sinxelo o Certificado Provisional Sustitutorio (CPS) para
90 días . (documento persoal e intransferible que acredita o dereito a
recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, dende un punto de
vista médico, durante unha estancia temporal no territorio do Espazo
Económico Europeo). Xestiónase Por Internet, a través de la Sede Electrónica de la Seguridad Social
(sede.seg-social.gob.es), ou ben nas oficinas da Seguridade Social con cita
previa. Tarda menos de 10 días. Se algún pai/nai é funcionario deberá
xestionalo en MUFACE.
Agradecendo a súa atención. Un saúdo .
Javier Villaverde Vayá.
Xoves, 26
de xaneiro de 2017.