martes, 20 de diciembre de 2016
viernes, 2 de diciembre de 2016
Noraboa a alumnos e alumnas polo éxito da participación na venda de productos de alimentación. Está funcionando todo moi ben e penso que o esforzo está dando resultado. Animádevos os que todavía non participades semanalmente, os productos están realmente ricos e a maior parte son artesanais.
Toulouse xa queda un pouco mais cerca.
Lembrade que é importante traer a ficha de pago para que poida asinar a recepción dos cartos.
un saúdo a todos/as.
Toulouse xa queda un pouco mais cerca.
Lembrade que é importante traer a ficha de pago para que poida asinar a recepción dos cartos.
un saúdo a todos/as.
jueves, 17 de noviembre de 2016
18 nov 2016 fichas
INICIO DE
ACTIVIDADES DE VENDA DE PRODUTOS DE ALIMENTACIÓN PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE
PARTICIPACIÓN NA VIAXE DE 2º ESO A
TOULOUSE.
A día de hoxe (venres 18) o número de alumnos que aboaron en Secretaría
a 1º entrega do custe da viaxe é de 43,
o obxectivo é 50 alumnos, en principio asegúrase a realización da viaxe. ¡Alegrámonos!.
En primeiro lugar queremos agradecer a masiva asistencia á reunión
informativa do luns.
Para a semana que vén queriamos iniciar o reparto de produtos de
alimentación distribuidos pola empresa LUICAR, que esperamos permitan ós
alumnos xuntar cartos para aboar unha parte da actividade.
Consideramos importante para a cohesión do grupo que participen todos os
alumnos, aínda que sexa en cantidades testimoniais ou mesmo cada 15 días.
Como informamos na reunión do luns 14, despois de Nadal disporemos de
tacos de 50 rifas de 2€ para sorteo de viaxes e equipos electrónicos, cedidos
pola axencia de viaxes. (info en http://www.viajesdeza.com)
PROCEDEMENTO DE
SOLICITUDE DE ARTIGOS DE REPOSTERÍA.
1- Cada alumno/a solicitará os luns por escrito a lista de produtos
de alimentación que teña encargados. Se non entrega una nova nota esa
semana, entenderase que mantén unha cantidade fixa, acordada por semana ou quincena.
2- As bolsas/caixas entregaranse en clases concretas xoves (2ºA e
2ºB) e venres (2ºC
e 2ºA/B) a últimas horas da mañá, en momentos prefixados previamente cos
profesores, para que non interrompan as clases nin os compañeiros.
3- A empresa comprométese a deixar as caixas de cada curso, con bolsas co
nome do alumnos, os mércores pola mañá, segundo listado que se lle faga chegar
por correo electrónico o martes as 13:00 h.
4- No momento da nova entrega deberáselle aboar á empresa a cantidade
correspondente da entrega anterior, polo que os alumnos deberán aboar a parte
“compra” no instituto nos recreos do martes e o do mércores. Indicaráselle na ficha e a parte de “ganancia” poderán
acumulala para os pagos mensuales de 60 €.
5-
Acompaña a esta nota a) una fotocopia cos productos
e prezos de venda b) descrición da actividade, redactada pola axencia de
viaxes, c) Ficha de solicitude de
produtos de LUICAR.
6- Esperamos a máxima colaboración e formalidade de todos/as.
Agradecendo a súa atención. Un saúdo . Javier Villaverde Vayá.
martes, 15 de noviembre de 2016
saúdos
Ola, esta será o blog no que publicarei os documentos que vaia elaborando para a a viaxe á Cidade do Espacio. Será do 9 ó 12 de marzo.
Profesores Javier, Ignacio e Rosa.
Instituto Xunqueira 1 de Pontevedra.
Alumnos de 2º de ESO.
Profesores Javier, Ignacio e Rosa.
Instituto Xunqueira 1 de Pontevedra.
Alumnos de 2º de ESO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)